Solicitudes de posición
É posible que reciba unha solicitude dun servizo de rede para
obter información acerca da súa posición. Os fornecedores de
servizo poden achegar información acerca de cuestións
locais, como as condicións climatolóxicas ou do tráfico,
partindo da localización do dispositivo.
Cando recibe unha solicitude de posición, amósase o nome
do servizo que está a realizar a solicitude. Seleccione
Aceptar
para permitir o envío da súa información de posición
ou
Rexeitar
para rexeitar a solicitude.