Nokia N97 - Accións da pantalla táctil

background image

Accións da pantalla táctil

Utilice a pantalla táctil cos dedos ou cun estilete (se se atopa

dispoñible).
Importante: Utilice unicamente o estilete autorizado por

Nokia co dispositivo. O uso doutros estiletes pode invalidar a

garantía do dispositivo e danar a pantalla táctil. Evite raiar a

pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin demais

obxectos afiados para escribir na pantalla táctil.

Punteo e punteo dobre

Para abrir unha aplicación ou outro elemento na pantalla

táctil, normalmente puntea co dedo. Non obstante, para abrir

os seguintes elementos, ten que puntealos dúas veces.

Elementos de listas dunha aplicación, como o cartafol

Borradores da aplicación Mensaxería.

Ficheiros nunha lista de ficheiros, por exemplo, unha

imaxe do cartafol Capturas da aplicación Fotos.
Suxestión: Ao abrir unha vista de lista, xa estará

resaltado o primeiro elemento. Para abrir un elemento

resaltado, puntéeo unha vez.
Se puntea un ficheiro ou un elemento parecido unha vez,

non se abre, resáltase. Para ver as opcións dispoñibles

para o elemento, seleccione

Opcións

ou, se está

dispoñible, seleccione unha icona dunha barra de

ferramentas.

Seleccionar

Nesta documentación de usuario, para referirse a abrir

aplicacións ou elementos punteándoos unha ou dúas veces,

utilízase o termo "seleccionar".
Exemplo: Para seleccionar

Opcións

>

Axuda

, puntee

Opcións

, e a continuación, puntee

Axuda

.

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

20

background image

Arrastrar

Para arrastrar coloque o dedo na pantalla e escorrégueo pola

mesma.

Exemplo: Para desprazarse arriba ou abaixo nunha páxina

web, arrastre a páxina co dedo.

Desprazarse

Para desprazarse, escorregue o dedo rapidamente á

esquerda ou á dereita na pantalla.

Pasar elementos

Para pasar elementos, coloque o dedo na pantalla, deslíceo

rapidamente pola mesma e, a continuación, levante

rapidamente o dedo. O contido da pantalla continuará

desprazándose coa velocidade e dirección aplicadas no

momento de soltar o dedo. Para seleccionar un elemento

dunha lista de desprazamento e para deter o movemento,

puntee o elemento. No dispositivo, a función de pasar

elementos atópase dispoñible no reprodutor de música.

Desprazar

Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que

dispoñan dunha barra de desprazamento, arrastre o control

deslizante da barra de desprazamento.

Nalgunhas vistas de listas, pode colocar o dedo nun elemento

da lista e arrastralo arriba ou abaixo.

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

21

background image

Suxestión: Para ver unha descrición curta dunha icona,

coloque o dedo na icona. As descricións non están dispoñibles

para todas as iconas.
Luz de fondo da pantalla táctil

Para acender a luz de fondo da pantalla, desbloquee a

pantalla e o teclado, se é necesario, e prema a tecla do menú.