
Carga da batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Non é
necesario cargar o dispositivo antes de empezar a utilizalo.
Se o dispositivo indica que dispón de pouca carga, leve a cabo
o seguinte:
Carga normal
1 Conecte o cargador a unha toma de corrente.
2 Conecte o cargador ao dispositivo. A luz do indicador de
carga situado a carón do conectador USB ilumínase
durante a carga da batería.
3 Cando o dispositivo indique que se atopa completamente
cargado, desconecte o cargador do dispositivo e, a
continuación, da toma de corrente.
Non é necesario cargar a batería durante un período
determinado de tempo, e é posible utilizar o dispositivo
mentres se está a cargar. Se a batería está completamente
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18

descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Suxestión: Desconecte o cargador da toma da parede cando
non se estea a utilizar. Un cargador conectado a unha toma
de parede consume enerxía aínda que non estea conectado
ao dispositivo.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea dispoñible
unha toma de parede. Coa carga por USB, tamén é posible
transferir datos mentres carga o dispositivo.
1 Conecte un dispositivo USB compatible ao dispositivo
mediante un cable USB compatible.
En función do tipo de dispositivo que se utilice para a
carga, é posible que a mesma tarde uns intres en
iniciarse.
2 Se o dispositivo se atopa acendido, poderá seleccionar
unha das opcións de modo USB que se atopan dispoñibles
na pantalla do mesmo.
Nota: É posible que o dispositivo ou o cargador se quenten
despois dun uso ou carga prolongados. Na maioría dos casos,
isto é normal. Se sospeita que o dispositivo ou o cargador non
funcionan axeitadamente, envíeo ao centro de servizo
técnico autorizado máis próximo.