Teclado
O dispositivo ten un teclado completo. Para abrir o teclado,
suba a pantalla táctil. En todas as aplicacións, a pantalla xira
automaticamente de vertical a horizontal cando abre o
teclado.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
22
1 Tecla maiúsculas. Para cambiar entre os modos de
maiúsculas e minúsculas, prema a tecla de maiúsculas
dúas veces. Para introducir unha soa letra maiúscula no
modo de minúsculas, ou unha soa letra minúscula no
modo de maiúsculas, prema a tecla de maiúsculas unha
vez e, a continuación, a tecla alfabética desexada.
2 Tecla espazo
3 Tecla símbolos. Para inserir caracteres especiais que
non se amosan no teclado, prema a tecla de símbolos
unha vez e seleccione o carácter desexado na táboa.
4 Tecla función. Para inserir os caracteres especiais
impresos na parte superior das teclas, prema a tecla de
función unha vez e, a continuación, a tecla
correspondente. Para introducir varios caracteres
especiais seguidos, prema a tecla función dúas veces
rapidamente. Para volver ao modo normal, prema a tecla
de funcións unha vez.
5 Tecla retroceso. Para borrar un carácter, prema a tecla
retroceso. Para borrar varios caracteres, manteña
premida a tecla retroceso.
Inserir letras que non aparecen no teclado
É posible inserir variacións das letras, por exemplo, letras con
acentos. Para inserir un "á", manteña premida a tecla de
símbolos e prema de xeito simultáneo a tecla "A" varias veces
ata que se amose o carácter desexado. A orde e a
dispoñibilidade das letras depende do idioma de escritura
seleccionado.