
Axustes de inserción de datos táctil
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Entrada toque
.
Para configurar os axustes de inserción de texto da pantalla
táctil, seleccione unha das opcións seguintes:
Práctica escritura manual — Permite abrir a aplicación de
práctica de escritura manual. Faga que o dispositivo aprenda
a recoñecer mellor a súa escritura manual. Esta opción non
está dispoñible en todos os idiomas.
Idioma de escritura — Permite definir os caracteres
específicos do seu idioma que se recoñecen na súa escritura
manual e a disposición do seu teclado en pantalla.
Velocidade de escritura — Permite axustar a velocidade á
que se recoñece a escritura manual.
Liña de guía — Permite amosar e ocultar a liña de guía da
zona de escritura. Esta liña de guía axudarao a escribir en liña
recta e fará que sexa máis doado para o dispositivo recoñecer
a súa escritura manual. Pode que esta opción non estea
dispoñible en todos os idiomas.
Ancho do rastro do lapis — Cambie o grosor do texto.
Cor de escritura — Cambie a cor do texto.