Aceptación de invitacións
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo,
a mensaxe de invitación amosa o nome do remitente ou o
enderezo SIP.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se
atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G, non saberá
que recibiu unha invitación.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
45
Cando reciba unha invitación, seleccione unha das opcións
seguintes:
Si — Aceptar a invitación e activar a sesión para compartir.
Non — Permite rexeitar a invitación. O remitente recibirá
unha mensaxe de que rexeitou a invitación. Tamén pode
premer na tecla Fin para rexeitar a invitación e rematar a
chamada de voz.
Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione
Deter
. Para finalizar a chamada de voz, prema a tecla Fin.
Cando finalice unha chamada, a función de compartir vídeo
tamén finalizará.