
Axustes
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita
establecer os axustes da conexión de persoa con persoa e de
UMTS.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome
de conexión de Protocolo de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre
configurar os axustes do perfil SIP no dispositivo para poder
utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no
seu dispositivo. O seu fornecedor de servizos pode enviarlle
os axustes ou proporcionarlle unha lista dos parámetros
necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a un contacto:
1 Seleccione
Menú
>
Axenda
.
2 Abra o contacto ou cree un novo.
3 Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4 Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir
vídeo
.
5 Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar un
enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar
o número de teléfono do destinatario, incluído o prefixo
de país, para compartir vídeo (se o fornecedor de servizos
de rede o admite).
Axustes de conexión UMTS
Para configurar a súa conexión UMTS:
•
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
establecer un acordo para que utilice a rede UMTS.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
44

•
Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de
acceso UMTS do dispositivo están configurados
correctamente. Para obter máis información sobre os
axustes, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.