Nokia N97 - Compartir vídeos ou videoclips en directo

background image

Compartir vídeos ou videoclips en directo

Durante unha chamada de voz activa, seleccione

Opcións

>

Compartir vídeo

.

1 Para compartir vídeos en directo durante a chamada,

seleccione

Vídeo en directo

.

Para compartir un videoclip, seleccione

Videoclip

.

Abrirase (se estivese dispoñible) unha lista de videoclips

gardados na memoria do dispositivo, a memoria masiva

ou a tarxeta de memoria. Seleccione o clip que desexa

compartir.

É posible que teña que converter o videoclip nun formato

axeitado para poder compartilo. Se o dispositivo lle avisa

de que cómpre converter o clip de vídeo, seleccione

Aceptar

. Cómpre que o dispositivo teña un editor de

vídeo para que se poida realizar a conversión.

2 Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou

números de teléfono incluído o prefixo de país gardado

en Contactos, seleccione o enderezo ou número

desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do

destinatario non está dispoñible, insira o enderezo ou o

número do destinatario, incluído o código do país, e

seleccione

Aceptar

para enviar a invitación. O teléfono

enviará a invitación ao enderezo SIP.

A función de compartir vídeo iníciase automaticamente

cando o receptor acepta a invitación.

Opcións dispoñibles na función de compartir vídeos

ou

para silenciar ou activar o micrófono

ou

para activar e desactivar o altofalante

ou

para deter e continuar o uso compartido de

vídeo

para cambiar ao modo de pantalla completa

(só dispoñible para o receptor)

3 Para finalizar a sesión da función de compartir,

seleccione

Deter

. Para finalizar a chamada de voz, prema

a tecla Fin. Cando finalice unha chamada, a función de

compartir vídeo tamén finalizará.

Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione

Si

cando se lle solicite. O dispositivo notificaralle a posición do

vídeo gardado.

Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a

función de compartir deterase. Para volver á vista do uso

compartido de vídeo e continuar, seleccione

Opcións

>

Continuar

na pantalla de inicio.