
Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha
conexión UMTS. A súa capacidade para utilizar a función de
compartir vídeo depende da dispoñibilidade da rede UMTS.
Para obter máis información sobre o servizo, a
dispoñibilidade da rede UMTS e as tarifas asociadas co uso
deste servizo, póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para o uso compartido de vídeo, asegúrese de que:
•
O dispositivo estea configurado para establecer
conexións de persoa a persoa.
•
Dispón dunha conexión UMTS activa e de que se atopa
dentro da zona de cobertura de rede UMTS. Se se
despraza fóra da zona de cobertura da rede UMTS durante
unha sesión de compartir vídeo, o uso compartido
finalizará mentres continúa a súa chamada de voz.
•
Tanto o remitente como o destinatario se atopan
rexistrados na rede UMTS. Se convida a alguén a unha
sesión para compartir contidos e o dispositivo do
destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura
de rede UMTS, non dispón da función para compartir
vídeo instalada ou non configurou as conexións de
persoa a persoa, o destinatario non recibirá as
invitacións. Nese caso, recibirá unha mensaxe de erro
que lle indicará que o destinatario non pode aceptar a
invitación.