
Acerca do dispositivo
O dispositivo sen fíos descrito nesta guía está autorizado para
empregarse en redes (E)GSM 850, 900, 1800, 1900 MHz e UMTS
900, 1900, 2100 MHz. Póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos para obter máis información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a
lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos
lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non
autoricen a copia, modificación ou transferencia dalgunhas
imaxes, música e demais contido.
O dispositivo soporta varios métodos de conectividade. Do
mesmo xeito que os ordenadores, é posible que o dispositivo
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
6

estea exposto a virus e demais contido daniño. Teña
precaución coas mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e
descargas. Unicamente instale e utilice servizos e software
obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño, como aplicacións que
pasasen o proceso de certificación Symbian Signed ou Java
Verified™. Considere a posibilidade de instalar programas
antivirus e demais software de seguridade no dispositivo e
nos ordenadores conectados.
Importante: O seu dispositivo só admite unha aplicación
antivirus. Dispoñer de máis dunha aplicación con
funcionalidade antivirus podería afectar ao rendemento e
funcionamento ou provocar que o dispositivo deixe de
funcionar.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de
sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é posible
acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o
dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen
ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se decide acceder aos sitios mencionados, deberá tomar
precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do
espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda
o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
As aplicacións de Office admiten as funcións comúns de
Microsoft Word, PowerPoint e Excel (Microsoft Office 2000, XP
e 2003). Non é posible visualizar nin modificar todos os
formatos de ficheiro.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea
a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
É posible que as imaxes desta guía sexan diferentes das que
aparecen na pantalla do dispositivo.