
Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan
memoria: mensaxería multimedia (MMS), aplicación de
correo electrónico, mensaxería instantánea. A utilización
dunha ou máis destas funcións pode reducir a memoria
dispoñible para o resto de funcións que comparten a
memoria. É posible que o dispositivo amose unha mensaxe
na que se indique que a memoria está chea cando intenta
utilizar unha función que comparta memoria. Neste caso,
elimine información ou entradas almacenadas nas funcións
con memoria compartida antes de continuar.
Durante o funcionamento continuado como unha
videochamada activa e unha conexión de datos de alta
velocidade, é posible que o dispositivo aumente de
temperatura. Na maioría de casos, trátase de algo normal. Se
sospeita que o dispositivo non funciona correctamente,
envíeo ó centro de servizo técnico autorizado máis próximo.