
Vídeos
É posible descargar e transmitir por secuencias videoclips
polo teléfono dende servizos de vídeo da Internet
compatibles (servizo de rede) utilizando paquetes de datos
ou unha conexión WLAN. Tamén é posible transferir
videoclips dun PC compatible ao seu dispositivo para velos.
A descarga de vídeos pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos
predefinidos.
Os fornecedores de servizos poden fornecer contidos gratis
ou cobrar unha taxa. Comprobe o prezo no servizo ou co
fornecedor do servizo.